O pobo
Os celtas somos entusiastas degustadores dos praceres da boa mesa.
O viño era a bebida das clases máis altas pero o pobo tomaba corma, que era cervexa de trigo mesturada con mel, moi utilizada nos banquetes, os cales eran moi frecuentes en tempos de paz.
Nestes festíns os bardos tocaban as súas liras e cantaban cancións sobre tráxicos amores e heroes mortos en combate.
Para comer utilizamos os dedos e ocasionalmente acompañámonos dun puñal para os anacos de carne difíciles de cortar.
A nosa comida típica incluía porco cocido, buey, vaca e xabarín, todo iso acompañado con mel, queixo, mantequilla e, por suposto, corma (cervexa) e un bo viño.
Tamén somos moi afeccionados a un xogo de mesa chamado fidchell, parecido ao axedrez, aínda que se xogaba con estacas.
Admiramos a artesanía experta e as fazañas intelectuais (sobre todo cando se exhibía unha prodixiosa memoria).
Temos o ideal dunha sociedade heroica, pero vivimos como prósperos gandeiros e agricultores, ocupados a miúdo no roubo de gando.
Comentarios (0) - Referencias (0)


