Historia dos Celtas (III)
"Levamos a forza do xabarín e a sabedoría do unicornio"
Os druidas, o estrato de maior influencia e poder entre os celtas, sabían ler e escribir grego e latín (como os antigos sacerdotes exipcios), con todo optaron deixar por vía oral, en fermosos versos, a crónica da existencia do noso pobo.
Este foi un dos principais motivos polo cal non se considerou a magnitude, en boa parte dos libros de historia, do importante legado celta que fundamenta notablemente a sociedade occidental, xa que os mesmos celtas antigos non crían (ou non formou parte da súa tradición) nos documentos escritos.
A lingua celta é unha lingua indoxermánica.
Xa que logo, todas as linguas indoxermánicas, como o alemán ou tamén o español, son parentes da lingua celta.
A palabra celta significa, orixinalmente, "heroe".
Hoxe aínda atopamos aos celtas nos nomes de lugares en toda Europa, os restos da lingua e cultura céltica seguen vivindo en Escocia, Irlanda, o País de Gales, Bretaña (Francia) e en Galicia (España).
Comentarios (0) - Referencias (0)


