Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Fill@s de Breogán

Historia dos celtas (I)

Presúmese que os celtas existimos desde o ano 2000 a.C. (fin da Idade de Bronce) e alcanzamos o culmen da nosa cultura na Idade do Ferro.
Naquela época estabamos divididos en dous grupos, os primeiros abarcaban Europa, desde o río Danubio, vivían da agricultura e da artesanía e eran o grupo máis pacífico dos dous; o outro grupo, os celtas guerreiros como os coñecemos hoxe, que viñan dos Balcanes e dispoñían dun bo exército.
Eran estes celtas guerreiros os que coñecemos por haber saqueado Roma e Delfos, e por conquistar grandes partes de Europa.
Transmitimos o noso idioma, costumes e a nosa relixión aos pobos da zona conquistada.
O noso territorio estendíase, na súa época de maior expansión, desde o baixo Danubio ata as Illas Británicas, desde España ata o mar do norte.
Os celtas guerreiros eran coñecidos pola súa caballerosidade, o seu orgullo na loita e o seu ánimo, pero tamén polo seu sentido pola música, a poesía e a filosofía.
Os celtas fomos chamados Keltoi polos gregos, dos cales e grazas á súa tradición escrita, parten case todas as historias referentes ao noso pobo.
A nosa memoria, remóntase ata tempos moi antigos, a tradición oral resistiu o paso dos séculos, malia que case toda a cultura céltica foi extinguida polos romanos desde César e, máis tarde, polos cristiáns.
Os Celtas captamos sempre a fascinación de historiadores e arqueólogos, e sobre nós correron ríos de tinta .

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


Fill@s de Breogán © Todos los derechos reservados al autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora se mantiene con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009